top of page

MOSTRA DE INSTRUMENTOS  DE MÚSICA TRADICIONAL

No 2013 creouse un espazo de encontro cos artesáns da música tradicional no que admirar e mercar os seus coidados traballos e achegar aos vecinos instrumentos tradicionais como gaitas, frautas, pandeiros, pandeiretas, culleres, tarrañolas, bombos, zanfonas, arpas celtas, pitos, etc; e asemade pezas indispensables dos mesmos como baquetas, boquillas de punteiro, mazos de bombo, palletas, punteiros, etc. Na mostra que se vai repetindo cada ano podemos  ver a rigorosidade da música tradicional coa madeira á vista e noutros a orixinalidade e alegría das cores que as tinguen ou nas teas que as visten ou gardan nas súas fundas, nun xogo de mestura entre tradición e modernidade. Como non, quedamos abraiados coas fermosas pezas que saen das mans destes mesteirais da música tradicional e que sorte poder ollar de preto as súas obras nun espazo coma a praia de Vilariño, sen necesidade de acudir as seus obradoiros, que xenerosidade a destes luthiers, grazas de novo por apostar pola Festa Folc de Vilariño e pola Asoc. Cultural o gato.

Mantemos na festa este espazo para os artesáns e con actividades paralelas cheiñas de sons e baile apostando por achegar aos nosos veciños a música folc, que se disfrute de seu son pero tamén se coñeza de onde proceden, quen son seus creadores.

Temos a sorte de que artesáns  como Afonso ( Gaitas e frautas. O Rosal), Benito Quirós (Gaitas e percusión tradicional. Vigo), César Loureiro (Arpa celta, zanfona e nickelharpa. Marín), Cristobal Prieto ( Gaitas e frautas. O Hio), Diego Langarika (Corda e percusión. Pontecaldelas),  Foliqueiras (Percusión tradicional. Vigo), Queima ( Vento e percusión. Redondela), Roberto Balea. (Gaitas. Darbo), Xaneco (Percusión e zanfonas. Outeiro de Rei, Lugo), David Miguelez. (Arpa celta. Morgadáns), Tecelana… participan na mostra, agradecidos quedamos sempre en cada edición.

bottom of page