
FESTA Folc
DE
VILARIÑO
20 agosto 2016 \\ PRAIA DE VILARIÑO - O HÍO \\ CANGAS
A Asociación Cultural O Gato, leva dende o ano 99 dinamizando a vida cultural da comarca do Morrazo. O seu labor senlleiro formalizou a actividade dos mozos da aldea que se xuntaban para organizar concertos durante a celebración de San Bartolomeu, patrón da aldea sendo xa mítico o concerto de “Vilariño Tolo” e “Tebras” alá polo 1996. Coa formalización da actividade dos mozos na asociación, a Festa Folc converteuse nun referente para o lecer dos veciños da bisbarra, así como un foco de atracción para os visitantes nun lugar privilexiado como é a nosa praia.
Vilariño localízase no Concello de Cangas (Pontevedra) na parroquia de O Hío. A súa Praia de area branca ten 500 m de lonxitude e atópase bañada polas augas tranquilas da ría de Aldán sendo aquí onde ten localizado seu local social.
A aldea, amosou dende sempre o espírito inquedo dos máis mozos dentro da parroquia do Hío, a falta de alternativas de ocio na zona así como o seu progresivo crecemento urbanístico trouxo a inquedanza e mobilización dos veciños por recuperar e manter os seus sinais de identidade coa propia aldea e seu sentir galego a través da música, a historia e as tradicións galegas.
A nosa asociación toma prestado o nome dun conto musicado da zona “O Gato”, plasmado en canción por Manuel Da Ponte (nado en Vilariño) e adaptado posteriormente polo grupo musical A Roda, entre outros grupos.
A posta en marcha da organización centrouse en manter o día festivo da aldea de Vilariño, o 24 de agosto día de San Bartolomeu, xa que supón unha data referente para os veciños que soamente o viñan celebrando de xeito relixioso, pero a xuventude precisaba unha celebración máis lúdica e reivindicativa da nosa cultura.
A Festa Folc, polo seu carácter aberto xa é un referente e soamente queremos que todos os poidamos seguir desfrutando!