top of page

Por fin chegan a Vilariño Pelepau, o terremoto da comarca viguesa que está a revolucionar os torreiros de medio país coa súa anovadora e orixinal proposta musical. O grupo nace no 2010 e está formado por doce percusionistas con recoñecida bagaxe no panorama musical galego. O nome xa dá boa conta dos alicerces da súa proposta, no que a percusión e mais a voz son os protagonistas. Pelepau consegue abraiar xa desde o comezo coas súas atrevidas adaptacións do repertorio tradicional, que dan unha perspectiva diferente a temas con fonda pegada popular. Son a simbiose exótica da raíz galega salpresada con ritmos novos, contundentes e moi bailables, que proceden da influencia de ritmos tradicionais doutras culturas que 

 

PELEPAU

viñeron da man dos emigrantes retornados. Pelepau e a súa música son o exemplo que casa á perfección co carácter tropical da nosa aldea. Ademais, a súa relación con Vilariño non se reduce exclusivamente á súa cerna, xa que o repertorio destes artistas vigueses inclúe dous temas do noso veciño Manuel da Ponte. Un deles é a xa popular canción do Gato, que está incluída no seu cd “Fío e agulla” editado recentemente e que inclúe outras doce fermosas pezas…

Xa se rumorea que este ano a duna de Vilariño volverá ser móbil de tanto baile na area do torreiro. Veeeña, que xa queda menos!!!!

KEPA JUNKERA

A Festa Folc de Vilariño na súa inquedanza de ofertar o mellor da música de raíz, incluso de recoñecido prestixio internacional, recibe a Kepa Junkera, compositor, productor e un dos máis importantes e influintes músicos euskaldúns. 

 

O bilbaino interpretará coa súa banda o expectáculo “Galiza”, un traballo no que viaxa pola tradición e música galega, no que a trikititxa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fúndese coas gaitas, as voces, os pandeiros e as txalapartas para crear un universo de música tradicional. “Galiza” é un libro-disco que se edita no 2013 con máis de 200 músicos colaboradores adicado a nosa terra.

 

Dende o seu primeiro traballo “ Kepa, Zabaleta eta Motriku” en 1986 ata o “Kepa Junkera & Sorginak” de 2014, edita un total de 23 discos. Con obras maestras como “Bilbao 00:00h” (1998), “Hiri” (2006) ou “k” que recibe un Grammy latino ao mellor álbum folk en 2004.

 

 

E sen máis, desexar que a trikititxa de Kepa se mesture cos

aromas, os ritmos e a marea de Vilariño para ter outro momento inesquecible na vosa Festa Folc.

CHOTOKOEU

CHOTOKOEU nace como grupo de percusión a mediados do 2007, pouco a pouco vanse sumando músicos ao proxecto e comeza a súa andadura por bares e festivais de Galicia. Será no ano 2009 cando gañan o concurso Galiza Crea, que facía pensar que a banda ia por un bo camiño. Os vindeiros anos levarán a súa música a festivais da terra como Pardiñas, Millo Verde, Reperkusion, etc.

O ano 2012 é un ano clave na vida de Chotokoeu. A banda chega con moito traballo por detrás, dándolle un empuxón musical e organizativo ao seu proxecto e que os leva a crear un directo orixinal e potente, con momentos teatrais e de malabares, tratando sempre de sorprender ao público con algo novo. Coa gran resposta deste público, plantéxanse levar a súa música fora de Galicia, consiguindo pechar así a súa primeira xira europea, que os levará a tocar en Alemania, Bélxica, Holanda, Inglaterra e Italia; en festivais importantes como o  “Fusion Festival”  en Alemania  ou o  “Irie Vibes”  en Bélxica , acadando una  gran acollida  entre o público e  os  organizadores.  Chotokoeu  remata  este  ano  con  máis  de  60  concertos en 6 países.

No 2013, a banda radicada en Uxes (Arteixo) edita o seu primeiro album “CHOTOKOEU”, e en marzo do presente 2015 gravan (coa colaboración de Kimbalá, a banda que abre os concertos de Manu Chao), en Pau (Francia), “SAIR A VOAR”, o seu segundo disco, cunha xira que comeza na Coruña, no mes de Maio e que os levará por sexta vez a percorrer Europa.

Así, pasando por; Francia, Bélxica, Alemania, Suiza, Inglaterra e República Checa e algún que outro punto da penísula Ibérica, chegan á praia de Vilariño para compartir o seu potentísimo directo cheo de swing, rock, balkan, ska, reague…. Para deixar claro que CHOTOKOEU está cheo de enerxía, festa e alegría que queren compartir con todos nós.

CUCHUFELLOS

Cuchufellos traerán ó areal de Vilariño ritmos electrizantes e pezas cargadas de enerxía positiva que transmiten nun directo explosivo, intenso, ás veces imprevisible, que non deixan a ninguén indiferente.

 

Fusión de ritmos e estilos alleos, fundidos cos propios da nosa cultura dan como resultado un espectáculo altamente rítmico, provocando nos espectadores bailes frenéticos aos que poucos se poderán resistir.

 

Máis de 500 concertos ás costas , todos eles convertidos en festas, percorrendo cada recuncho do noso país. Teñen participado nos principais festivais da Galiza e algúns de outros países: Reperkusión, Derrame Rock, Revenidas, Millo verde, Antrospinos, FIMI de Lisboa , son algúns dos festivais nos que teñen actuado.

 

En 2005 gravan “speed-folk”, en 2009 “Achegaivos feligreses” e xa no 2014 presentan o seu ultimo traballo , “Arreguizante” , co que foron nominados finalistas nos primeiros premios galegos da música.

 

Dende a alta montaña, dende a Terra de Trives ata a beira do mar, temos o pracer de recibir ós Cuchufellos!!!

bottom of page