
FESTA Folc
DE
VILARIÑO
20 agosto 2016 \\ PRAIA DE VILARIÑO - O HÍO \\ CANGAS
MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
No 2013 creouse un espazo de encontro cos artesáns da música tradicional no que admirar e mercar os seus coidados traballos e achegar aos vecinos instrumentos tradicionais como gaitas, frautas, pandeiros, pandeiretas, culleres, tarrañolas, bombos, zanfonas, arpas celtas, pitos, etc; e asemade pezas indispensables dos mesmos como baquetas, boquillas de punteiro, mazos de bombo, palletas, punteiros, etc. Na mostra que se vai repetindo cada ano podemos ver a rigorosidade da música tradicional coa madeira á vista e noutros a orixinalidade e alegría das cores que as tinguen ou nas teas que as visten ou gardan nas súas fundas, nun xogo de mestura entre tradición e modernidade. Como non, quedamos abraiados coas fermosas pezas que saen das mans destes mesteirais da música tradicional e que sorte poder ollar de preto as súas obras nun espazo coma a praia de Vilariño, sen necesidade de acudir as seus obradoiros, que xenerosidade a destes luthiers, grazas de novo por apostar pola Festa Folc de Vilariño e pola Asoc. Cultural o gato.
Mantemos na festa este espazo para os artesáns e con actividades paralelas cheiñas de sons e baile apostando por achegar aos nosos veciños a música folc, que se disfrute de seu son pero tamén se coñeza de onde proceden, quen son seus creadores.
Temos a sorte de que artesáns como Afonso ( Gaitas e frautas. O Rosal), Benito Quirós (Gaitas e percusión tradicional. Vigo), César Loureiro (Arpa celta, zanfona e nickelharpa. Marín), Cristobal Prieto ( Gaitas e frautas. O Hio), Diego Langarika (Corda e percusión. Pontecaldelas), Foliqueiras (Percusión tradicional. Vigo), Queima ( Vento e percusión. Redondela), Roberto Balea. (Gaitas. Darbo), Xaneco (Percusión e zanfonas. Outeiro de Rei, Lugo), David Miguelez. (Arpa celta. Morgadáns), Tecelana… participan na mostra, agradecidos quedamos sempre en cada edición.
![]() | ![]() |
|---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![10628129_10152405643523073_2996274261126275146_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_cc9621d204b54e2dab45b9a0ac9f6671~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_cc9621d204b54e2dab45b9a0ac9f6671~mv2.jpg)
![10616361_10152405629983073_6955493222410532477_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_15c95e64f527473c8c7d6266a6efb561~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_15c95e64f527473c8c7d6266a6efb561~mv2.jpg)
![10501817_10152405628923073_9188271922241410974_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_2f4cf603c05349959bf9f555e10d892c~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_2f4cf603c05349959bf9f555e10d892c~mv2.jpg)
![10369984_10152405627843073_9064602396387571222_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_8cc9b0a49412418b8b8a90a4978416f3~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_8cc9b0a49412418b8b8a90a4978416f3~mv2.jpg)
![10614331_10152405644313073_6599370602603242686_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_4674f205714d4e6690a8a4fc7516513d~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_4674f205714d4e6690a8a4fc7516513d~mv2.jpg)
![983759_10152405644793073_8294854317158505546_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_cc0f37b4f9cb475dbfd3a1e402dc9250~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_cc0f37b4f9cb475dbfd3a1e402dc9250~mv2.jpg)
![10450142_10152405643348073_6926901344542454435_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_ec0c25c8e21640999d29b0aebed40d82~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_ec0c25c8e21640999d29b0aebed40d82~mv2.jpg)
![10562962_10152405637913073_961908021012154304_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_15191a351bd341d9ab6a978e337b830d~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_15191a351bd341d9ab6a978e337b830d~mv2.jpg)
![10501789_10152405637873073_9098306812363192258_n[1]](https://static.wixstatic.com/media/8de625_7df55ed1b395433c95c3aedd244795ff~mv2.jpg/v1/fill/w_250,h_166,al_c,q_90,enc_auto/8de625_7df55ed1b395433c95c3aedd244795ff~mv2.jpg)